Será este domingo 4 de xaneiro, na rúa San Rosendo.

 

A asociación de veciños Ponte Canedo amosa a súa cara máis solidaria organizando este próximo domingo un mercado de Reis. Estará ubicado na “media lúa” da rúa San Rosendo en horario de 11 da mañá á 8 da tarde, e nel haberá stands de artesanía, artigos de segunda man, moda e complementos, alimentación e manualidades.

Trátase dunha colaboración coa Operación Quilo e o que se recade será destinado ás familias máis necesitadas do barrio.

Para animar aos ourensáns a achegarse ata o mercado e colaborar, a asociación veciñal sortea unha fin de semana para dúas persoas, cortesía de Caldaria, entre aqueles que merquen algo nesta xornada.