Atribúen esta situación ao recorte de camas, persoal e material no complexo hospitalario ourensán.
Segundo informa a comisiónd e centro do CHUO na noite do 1 ao 2 de xaneiro, «por non dispor de camas en todo o complexo, quedaron ingresos na Sala B de Urxencias e, os doentes en observación nos boxes destinados a atención das Urxencias, o que conleva unha demora na atención urxente as persoas en espera, chegando esta a ser de ata 8 horas».
Suman esta situación á falta de roupa de cama tanto en urxencias como no resto do complexo; «parecendo esto máis un Hospital de Campaña que un Hospital Universitario», aseguran.
Esta falla de persoal e de camas leva consigo, a xuízo da representación do persoal, «a disminución da seguridade e calidade na atención aos doentes. Pola experiencia que temos vivido durante os últimos anos, a situación vai a empeorar, xa que esta xerencia non é quen de tomar as medidas axeitadas. Este modelo de xestión só favorece a desorganización e o caos na atención, co deterioro da mesma e os riscos que conleva», afirman.