Esta fin de semana e o luns disputarase en Ourense (pavillón dos Remedios) a fase previa do Campionato de España de seleccións sub 21 de fútbol sala feminino coa presenza de Galicia, Madrid e Aragón. O vencedor desta eliminatoria disputará as semifinais do torneo que terán lugar en Murcia no mes de marzo.
Galicia conta coa participación de cinco xogadoras que militan nos equipos ourensáns do Cidade As Burgas e o Ourense Envialia.
O Cidade, xunto co Valdetires Ferrol, cede a tres xogadoras: Ana López, María Arias e Vanessa Sotelo. Pola súa banda, acuden do Envialia dúas: Ana Rivera e María Romero.
O resto de xogadoras son: Alejandra de Paz, Diana Díaz e Belén Feal (Valdetires Ferrol); Claudia Martínez e Tania Esperón (Poio FSF) e María del Carmen Pérez e Yaiza Otero (Viaxes Amarelle).
Os encontros
Os encontros terán lugar todos na cancha central do pavillón dos Remedios. O primeiro deles será este mesmo sábado e enfrontará a Galicia e Madrid (17 horas). Galicia e Madrid son as dúas seleccións que se enfrontaron na pasada edición do campionato vencendo as madrileñas. Nesta ocasión soamente unha delas poderá acceder á fase final.
O domingo, Madrid xogará contra o outro equipo deste grupo: Aragón. O partido comezará ás 12 horas. Xa o luns 5 finalizarase a competición co encontro entre Galicia e Aragón (11 horas central dos Remedios).
Cancha central Os Remedios
Sábado 3 de xaneiro – 17 horas – Galicia vs Madrid
Domingo 4 de xaneiro – 12 horas – Madrid vs Aragón
Luns 5 de xaneiro – 11 horas – Galicia vs Aragón