O Club Ourense Baloncesto comeza a segunda volta da 2014-2015 da LEB Ouro este domingo fronte ao Cocinas.com na Rioxa.
O partido terá lugar a partir das 12.30 horas no Palacio dos Deportes da Rioxa e contará coa participación de Darien Brothers, quen estará á disposición do técnico Gonzalo García de Vitoria. Trala decepción de perder en Navarra e non acceder á final da Copa Príncipe, os ourensáns regresan á competición con ganas de continuar na mesma liña que na primeira volta.
Este primeiro partido da segunda volta terá como rival ao Cocinas.com equipo ao que se venceu no Pazo con contundencia (71-47). Nese partido xa se viu a un COB ambicioso con ganas de olvidarse da pasada tempada e de ilusionar a súa afección.
O partido chega despois de non clasificarse para a Copa Príncipe coa desilusión que supuxo. Segundo o adestrador, «acabamos tocados tralo partido contra Navarra pero xa o superamos», polo que agora so pensan en «consolidar a salvación matemática e loitar pola máxima ambición».
O Cocinas.com marcha 13º na clasificación con catro vitorias e 10 derrotas, mentres que o COB é cuarto con nove vitorias e catro derrotas.
Darien Brothers
O xogador estadounidense, Darien Brother leva máis dunha semana adestrando en Ourense pero non puido xogar contra Navarra. Unha vez co transfer no club Brothers disporá de minutos neste encontro.
Como o propio Gonzalo García de Vitoria afirmaba, «unha vez que non podíamos contar con Zamroz a segunda opción era Brothers. A principio de tempada non puidemos contratalo, pero agora si».
Campaña de socios
Para a segunda volta o club realiza unha nova campaña de socios. Os novos socios terán un desconto do 50% ao tratarse dun carnet para a segunda volta.