Ante o éxito de espectadores -756 no tempo que leva proxectada no Auditorio-, o Concello apoia a proxección do filme durante tres días máis.
A proxección da película de Ignacio Vilar, A Esmorga, continuará este xoves, venres e sábado, 8, 9 e 10 de xaneiro, na sala azul do Auditorio Municipal. As sesións terán lugar ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de cinco euros.
Despois do éxito acadado entre o 29 de decembro e o 4 de xaneiro, coa asistencia de 756 espectadores ao Auditorio, o Concello de Ourense continuará apoiando a proxección do filme durante os próximos días.