Culmina a campaña «Un sorriso por Nadal», que durante os últimos días levaron a cabo os membros de Novas Xeracións do PP en Xinzo de Limia.
Son 300 kg de alimentos, 150 kg de roupa e 100 kg de xoguetes que será doados íntegramente a Cáritas Parroquial de Santa Mariña de Xinzo de Limia para o seu reparto entre as familias máis necesitadas da capital limiá.
No reconto desta donación participou o alcalde e presidente local do PP de Xinzo de Limia, Antonio Pérez; o tenente de alcalde, Manuel Cabás; o concelleiro de Deportes, Luis Miguel Gil Penín; a edil responsable de Medio Ambiente, María Dolores López Calvo; e o presidente local de NNXX, José Antonio Parente, así como membros de Novas Xeracións de Xinzo de Limia. Parente agradeceu a enorme implicación e colaboración dos veciños da vila «que coas súas aportacións contribuirán a axudar a moitas familias que precisan da nosa axuda».
Esta campaña complementouse co «I Torneo Solidario de Fútbol Sala de Xinzo de Limia», organizada tamén por NNXX e que acadou media tonelada de alimentos non perecedeiros doados por parte dos 21 equipos participantes e dos patrocinadores do evento. En total, foi máis dunha tonelada de solidaridade a recaudada por NNXX mediante ambas as dúas iniciativas en forma de alimentos, roupa e xoguetes durante estas Festas de Nadal.