Este martes 6 de xaneiro, ás 16.15 horas, a UD Barbadás e a UD Ourense enfróntanse no estadio do Couto nun partido benéfico a prol da Asociación Atox.
Tralo parón polo Nadal, a UD Ourense retoma os partidos co partido benénfico no día de Reis. O Barbadás e o Ourense enfrontaránse por segunda vez na historia tralo partido amigable da pasada pretempada. A boa sintonía entre os dous clubs é palpable en eventos coma este.
Barbadás
O Barbadás xa disputou o seu primeiro partido do ano o domingo 4 de xaneiro. Os de Peluso empataron a cero goles nos Carrís fronte ao Vilalbés e xa ocupa zona de descenso. A falta de gol está lastrando a un equipo que ten moito máis potencial do que a táboa clasificatoria marca.
Ourense
O Ourense aínda non disputou un partido oficial nestes primeiros días de 2015. Os de Antonio Dacosta retomarán a competición ligueira o vindeiro 10 de xaneiro no campo do Loureiro. Os capitalinos tentarán seguir este ano a súa marcha triunfal que os leva a estar invictos na Terceira Rexional.