Democracia Ourensana tacha á edil de Cultura de «inepta total», «negligente» e «oscurantista» pola súa xestión do acontecido na cabalgata de Reis.

DO, que non poderá levar ao pleno do venres unha moción de urxencia sobre a cabalgata (ao non estaren admitidas mocións de urxencia nas sesións extraordinarias), solicita a dimisión ou cese da concelleira de Cultura, Ana Garrido. “Por inepta total, además de negligente y oscurantista en sus labores, ya que hace dos meses en junta de área (y a finales de diciembre de nuevo), D.O. pidió información y presupuesto sobre la cabalgata 2015, y Ana Garrido ocultó cualquier información”, explica esta formación.

O partido de Gonzalo Jácome considera que Garrido mentiu aos cidadáns, “jactándose de carrozas propulsadas”, cando se trataba en realidade “de vulgares chimpines de las obras”. Engaden ademais, a “temeridad” de colocar unha estrutura sobre ese vehículo e o perigo de atravesar costas cargado como sucedeu na ponte Romana. E recordan que este vehículos deberon ser revisados por técnicos municipais.

DO tamén critica o custo da cabalgata, que estiman en arredor de cen mil euros extrapolando os gastos do desfile do ano pasado.