Guillermo Lago e Beatriz Mato

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo este venres un encontro co alcalde da localidade, Guillermo Lago.

 

Na xuntanza, que tivo lugar en Santiago, a conselleira comprometuese a estudar a posibilidade de poñer en marcha un centro destinado á promoción da autonomía persoal.

A titular de Benestar destacou que este tipo de servizos poderán ofertarse a través da carteira de servizos autónomos que forma parte do novo modelo de atención que está a desenvolver a Xunta no eido dos servizos sociais. Con esta modificación, estase a pasar do actual modelo, que acredita os propios centros, a un no que se acreditan os distintos servizos que pode prestar un determinado centro. Deste modo, poderán beneficiarse de determinados servizos non só os usuarios dos centros, senón tamén os potenciais demandantes deste recurso en concreto que habiten no contorno.