Chega un novo ano e chega un novo número do barrios Deportivo, concretamente o 111, ou como escribirían os antigos romanos, o CXI.

Neste número destacamos o Torneo Aninovo de Xadrez Barrocás que chegou a súa 30ª edición sendo o quinto memorial Manuel Villar. Nesta ocasión o vencedor foi David Gómez, quen logrou o seus segundo título neste evento. Preto de 200 xadrecistas de todas as categorías participaron nesta edición.


Outra das novas destacables é a dun COB superlativo que vai a enfrontarse ao Melilla esta xornada; o equipo dirixido por Gonzalo García marcha líder na clasificación. Para este partido estará a última fichaxe do club: Aaron Geramipoor. O Pabellón Ourense retoma a competición na LF2 en Asturias fronte ao Oviedo.

A reportaxe deste número é para o gran ano realizado por Club Ximnasia Pavillón Ourense e a súa escola.
A Unión Deportiva Ourense despois de xogar o partido contra o Palmés no Couto, pretende que se quede instalado o estadio como campo de xogo do novo club; máis 1200 socios merecen un lugar así.
En fútbol sala regresa a máis alta competición cos encontro Móstoles – Ourense Envialia e Cidade As Burgas – Majadahonda (este último nos Remedios, o sábado 10 ás 17 horas). Seguindo co fútbol sala, a selección galega sub 21 clasificouse para a fase final do campionato de España de seleccións territoriais con catro xogadoras de equipos ourensás nas súas filas.
Tiro, natación, golf, motor e moito máis no número 111 do Barrios Deportivo.

Podes consultalo periódico online, aquí