No sorteo, retransmitido por primeira vez en directo a través de Internet, elixíronse os presidentes e vogais que integrarán os tribunais para unha praza de técnico especialista en xestión orzamentaria e dúas prazas de promoción interna de administrativo de administración xeral.

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, presidiu este luns o sorteo para elixir aos membros que conformarán os tribunais dos procesos selectivos para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público da Deputación de Ourense correspondente ao exercicio 2013. No sorteo, que foi retransmitido por primeira vez en directo a través de Internet, elixíronse os presidentes e vogais que integrarán os tribunais para unha praza de técnico especialista en xestión orzamentaria e contable e dúas prazas de promoción interna de administrativo de administración xeral.

Esta iniciativa –contemplada na Ordenanza de Contratación da Deputación- forma parte da estratexia de transparencia na xestión da institución provincial para facer partícipe á cidadanía de todas as accións e proxectos que leva a cabo.

De conformidade co establecido na Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal da Deputación de Ourense a composición do tribunal que xulgará as probas selectivas debe levarse a cabo por sorteo entre funcionarios e persoal laboral fixo das categorías profesionais que determinen as bases da convocatoria, debendo elixirse a presidencia e dúas vogalías entre empregados públicos da propia Deputación e os dous vogais restantes entre empregados públicos doutras administración públicas galegas.

Desta maneira, unha vez realizado o sorteo para elixir aos membros do tribunal para a praza de técnico especialista en xestión orzamentaria e contable resultou elixida presidenta Cristina Fernández Rodríguez, e vogais: Mónica Legaspi Díaz, Marta Mouriño Vázquez, José Antonio González Cid e Gonzalo Dobarro Peña. Para as dúas prazas de administrativo de administración xeral, o presidente do tribunal será Gerardo Martínez Álvarez e os vogais: María Faustina Álvarez Fernández, Rosa María Valladares Caride, José Benito Muinelo Mouriz e José Antonio Blanco Pérez.