O grupo municipal do Partido Popular solicitou por Rexistro ter acceso ao decreto no que o alcalde lle retira as competencias á concelleira socialista.
O PP presentou por Rexistro do Concello dous escritos relacionados coa dimisión de Áurea Soto. Dunha banda, os populares solicitan a convocatoria urxente da xunta de portavoces para informar aos grupos municipais sobre as consecuencias do auto xudicial que procesa a Áurea Soto no funcionamento e organigrama municipal, así como nos proxectos que están en marcha e calquera outra cuestión de interese municipal.
No segundo escrito, o PP solicita ter acceso, vista -e tamén copia- do decreto asinado polo alcalde, Agustín Fernández, retirándolle as competencias municipais a Áurea Soto, así como escrito de dimisión de concelleira de Soto Vázquez.