Os seus 20 alumnos acondicionaron tamén o contorno natural do tempolo e revalorizaron o patrimonio arqueolóxico da zona.
O obradoiro San Antón, de seis meses de duración, tivo por obxecto a formación das 20 persoas participantes en albanelaría, carpintaría e xardinería, así como favorecer a súa inserción laboral, ademais de ofertar a posibilidade da obtención do título de ESO aos alumnos que non o posuían. As principais actuacións realizadas centráronse na rehabilitación da capela do San Antón, así como na antiga escola de Berrande e nas áreas recreativas fronte ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas municipais descubertas dA Granxa.
Na capela de San Antón a finalidade da actuación foi a rehabilitación da mesma, o acondicionamento da seu contorno, así como a revalorización do patrimonio artístico, cultural, arquitectónico e arqueolóxico existente na zona. Para acadar este cometido realizáronse diferentes actuacións sobre a edificación, realizadas polos módulos de carpintería e albanelaría como son o tratamento de parámetros, substitución da cuberta e preinstalación de electricidade e iluminación. O módulo de xardinería foi o encargado de acondicionar o contorno inmediato mediante o desbroce, limpeza,, pavimentación, colocación de bancos de pedra e valados.
Mentres que no referente á antiga escola de Berrande o obxecto primordial da intervención foi dotar a esta localidade de Vilardevós dun lugar de encontro, un centro social, que acade as condicións óptimas para o seu funcionamento, tratando de mellorar o desenvolvemento social de devandita localidade (mediante a mellora da rede de saneamento, colocación de novo pavimento, colación de portas e fiestras e adecuación de novos espazos).
Por outra banda, os participantes no obradoiro de emprego San Antón tamén realizaron labores de mantemento das áreas recreativas fronte ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas municipais descubertas da Granxa, nas que se efectuaron actuacións de replantación de céspede e especies vexetais en mal estado, traballos de poda, mantemento dos pavimentos de xabre ou restauración de valado de madeira de zona infantil existente, entre outras.