Os populares amosan a súa repulsa pola falta de decoro institucional do alcalde, que non se dignou a atender a petición de xunta de portavoces formulada polo Grupo Municipal do PP hai catro días nin de informar persoalmente aos grupos políticos.
A espiral de espepentos na que está sumido o Goberno Municipal de Ourense estreou hoxe un novo capítulo co anuncio do alcalde da reorganización do seu equipo de goberno, no que todas as competencias -salvo Urbanismo- que ata o de agora tiña a aínda concelleira Áurea Soto, pasan a mans de Juana Ageitos, a edil que ata o de agora só xestionaba Comercio e célebre pola súa incapacidade á hora de contratar o alumeado navideño, «é experta en prometer moito e non pechar nada do que trae entre mans. Acabará o mandato sen xestión algunha con exemplos como a ordenanza de veladores; a nova concesión da cafetería do Parque Barbaña; a xestión da Praza de Abastos da Ponte; o novo restaurante no Campo da Feira ou a nova concesión dos mupis. Tamén anunciou que a reforma do chan e do ascensor da Praza de Abastos número 1 sería “inminente”, e nada se sabe ao respecto. “Esta concelleira é experta en prometer moito e non pechar nada do que trae entre mans. Acabará o mandato sen xestión algunha. Desexámoslle moita sorte, porque a vai necesitar”, conclúen os populares, que observan con estupor como as liortas internas do PSOE conseguen premiar a quen nada demostrou como xestor e manteñen a cinco edís «castigados» sen apenas áreas de xestión e un deles sen competencia algunha.
«É sintomático que só seis edís, incluido o propio alcalde, sexan os únicos considerados ‘capaces’ de afrontar as rendas do Concello no tramo final do mandato. E tamén é moi significativo que o alcalde teña que asumir unha área tan importante como Urbanismo, deixando ás claras que ninguén do seu equipo sería capaz de asumir tal responsabilidade».
Por último, os populares amosan tamén a súa repulsa pola falta de decoro institucional do alcalde, que nin se dignou a atender a petición de xunta de portavoces formulada polo Grupo Municipal do PP hai catro días nin de informar persoalmente aos grupos políticos.