A mañá do venres o Secretario Xeral do Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, acudiu a Ourense para firmar un convenio coa Unión Deportiva Ourense e o Ourense Club de Fútbol para a reapertura do estadio do Couto.

Na mesa, xunto a Lete Lasa, Hipólito Naveira (presidente do Ourense CF) e Manuel Cabaleiro (directivo da UD Ourense).


Trala firma do convenio, o Secretario apuntou que é unha boa nova a apertura dun estadio que levaba medio ano pechado
. Tamén fixo balance de todas as inversións da administración en Ourense nos últimos anos. Para Lete Lasa, o entendemento entre Xunta e os dous clubs é total, a pesar de que entre os dous clubs non teñan boa sintonía.

UD Ourense
Por parte da Unión Deportiva Ourense, o novo directivo do club, Manuel Cabaleiro foi o que puxo a súa firma no convenio. Para Cabaleiro considera que eles tiñan que ter o estadio a súa disposición, pero tamén é consciente de que, a ser un equipo novo, «todo o que nos den, benvido sexa».

Ourense CF
Hipólito Naveira é o presidente da entida que este mesmo domingo disputará o seu partido contra o Melias no estadio do Couto. Naveira considera que «ten que haber entendemento entre os dous clubs».

Horarios
O Ourense CF estrea o campo do Couto como local este domingo a partir das 16 horas fronte o Melias; mentres que a UD Ourense xogará contra o Razamonde o domingo ás 16.15 horas. Este partido terá lugar no campo do Cenlle (Rúa Nova) e non no estadio habitual do Razamonde (As Carricobas).