O central da Unión Deportiva Ourense, Xurxo, foi elexido polos afeccionados como o mellor xogador do equipo (MVP) durante o mes de decembro.
Xurxo foi un dos xogadores que disputou os tres encontros dese mes de decembro e foi unha das chaves para que o equipo encaixara un so tanto (no partido contra o Palmés que rematou con vitoria por 7-1).
O defensa foi o máis votado co 29% dos votos. Tras él, Santi co 19% e Julio Salgado co 12%. O premio recibiuno na Cafetería do pavillón municipal dos Remedios, e fixo entrega do mesmo, Carlos Domarco, responsable da web: galiciadeportiva.es.
Xurxo precede a Lucas Nieto nesta distinción. O lateral dereito foi o mellor xogador do mes de novembro. En outubro, primeiro mes no que se celebrou esta votación, o máis valorado fora o extremo Xaco.