Xosé Mosquera Caseiro, candidato de CxG a alcaldía de Ourense, anuncia que creará unha Concellaría de Atención e Revitalización Sociodemográfica na procura de crecemento real.
Varios son os obxectivos para dita área de traballo, fomentar un saldo vexetativo positivo a través do incentivo dos nacementos, e potenciar un balance migratorio tamén positivo, a través do asentamento poboacional e evitando emigración.
Mosquera destaca que será a primeira área nun municipio galego que traballe a prol do cambio de tendencia sociodemográfico, e insta ao resto de partidos da corporación a crear un Pacto Político Municipal para combatir o grave problema. Galicia e Ourense perden poboación a pasos axigantados según datos do padrón 1 de xaneiro( Ine 2014) e sobre todo en poboación entre os 15 e 35 anos.
No paquete de medidas proposta por Compromiso por Galicia atópanse tamén a rebaixa da presión tributaria en familias de dous ou mais fillos, a bonificación no IAE a empresas que contraten a personas entre 18 e 35 anos, do mesmo xeito que a bonificación en garderías e casas cuna para personas sen recursos.
Xosé Mosquera expresa a sua vontade de traballar cooperativamente con todos os axentes sociais e políticos para que Ourense sexa no ano 2050 unha cidade, dinámica, sostible e moderna.