O Concello solicita a expedición de credencial de concelleiro electo a favor de José María García Tejerina. A documentación remitiuse á Xunta Electoral de Zona tras formalizarse a renuncia de José Ramón Fernández Morgade e Montserrat Rodríguez.
Este xoves, o Concello de Ourense solicitou por escrito á Xunta Electoral Central a expedición de credencial de concelleiro electo a favor de José Mª García Tejerina, toda vez se recibiron, mediante acta de comparecencia, as renuncias de José Ramón Fernández Morgade e Montserrat Rodríguez Rodríguez, á súa credencial coma concelleiro e concelleira respectivamente.
Así, José María García Tejerina, que ocupou o posto inmediatamente posterior na candidatura do PsdeG PSOE nas eleccións locais de 2011, pedagogo e docente que traballa como orientador escolar nun centro de educación Secundaria, fará efectiva a súa aceptación a acta de concelleiro, unha vez sexa recibida a súa credencial e se cumpla coas formalidades administrativas, no Pleno do Concello.