Mostra fotográfica Allariz

«Allariz, na memoria… e no corazón», mostra de fotografías da vila alaricana dos anos 20 e 30 do século pasado.

O Concello de Allariz presentou unha nova exposición fotográfica ao aire líbre. «Allariz, na memoria…e no corazón» é o título desta iniciativa que inclúe 25 fotografías antigas que retratan o Allariz dos anos 20 e 30 que se poderán ver nas rúas alaricanas.

As fotografías, donadas polo fotógrafo Manuel Riesco, forman parte do arquivo municipal completado por instantáneas realizadas polos fotógrafos da época como Rizo, Francisco Losada ou o alaricano Xosé Suárez.

Ademais de lugares físicos esta exposición reflicte a cultura e tradicións da época. Feiras de gando, a Festa do Boi, danzas gremiais ou os xigantes e cabezudos están retratados para recordarnos o pasado. “Non só é unha memoria visual de espazo senon tamén d eactividade económica.” explicaba o Alcalde, Francisco García.

Fotos que reflicten lugares, cultura e tradicións como as danzas gremiais, paus e entrenzado a festa do boi ou a do chourizo, os xigantes e cabezudos. Moito valor que prermite comprobar o pasado.

Outro dos obxectivos desta exposición busca compartir fotografías antigas de Allariz a través da páxina web www.allariz.com/memoria, un novo caixón de memoria colectiva para reconstruír o Allariz doutrora.