Os estudantes, procedentes de Verín e Xinzo, formáronse en técnica e táctica en fútbol, adestramento deportivo, regras de xogo, medicina do deporte, psicoloxía, metodoloxía, dirección de equipos e regulamentación deportiva.
Este 27 de xaneiro tivo lugar a entrega de diplomas acreditativos do curso de monitor de fútbol base, celebrado nos últimos meses en Verín, e que contou coa participación de 25 alumnos do municipio e Xinzo de Limia.
Durante a entrega, que correu a cargo de Víctor Baladrón, concelleiro de Deportes, e Manuel Mosquera, delegado da Federación Galega de Fútbol en Ourense, destacouse o cumprimento de todos obxectivos do curso destinado a proporcionar unha formación que garanta os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver a labor de adestrador de equipos federados ata a categoría cadete (agás as ligas división de honra cadete, liga galega cadete e liga galega infantil, onde será necesario a partir da tempada 2015/2016 o nivel-1).
Os alumnos que superaron este curso obtiveron o diploma federativo de «Monitor de Fútbol de Base», especialidade «fútbol», avalado pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF, que á súa vez permite a validación do bloque de prácticas a realizar cando se efectúe o curso de Nivel-1 «Federativo», Instrutor de Fútbol Base (os mesmos serán obrigatorios a partir da próxima tempada para adestrar calquera equipo de base). O plan de formación contou con xornadas presenciais nas que se impartiron cuestións como técnica, táctica, adestramento deportivo, regras de xogo, medicina do deporte, psicoloxía, metodoloxía, dirección de equipos e regulamentación deportiva.