Xosé Mosquera presenta un proxecto que aposta pola prevención para evitar estas doenzas, e altos graos de benestar e autonomía nos últimos anos da vida.
Xosé Mosquera, candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ourense, propón a creación dunha rede de Unidades de Prevención da Saúde que diseñe programas de intervención nos diferentes barrios achegando estas iniciativas aos lugares onde participan e viven os cidadáns. O galeguista destaca a importancia da coordinación interadministrativa, principalmente, dos centros de atención primaria do servizo galego de saúde, e centros de ensino co obxectivo de promocionar o exercicio físico, os hábitos alimenticios e a prevención de conductas adictivas.
O candidato a alcaldía de CxG en Ourense presenta un proxecto para combatir as enfermedades Crónicas non Transmisibles (diabetes, hipertensión, colesterol e certos tipos de cancro) respostando as directrices OMS (2004,2011), “só con políticas preventivas desatascaremos o CHOU e aforraremos en sanidade”.
O proxecto de Unidades de Prevención de Saúde precisa de colaboración e aposta decidida por introducir un equipo multidisciplinar de técnicos especialitas que desenvolvan medidas efectivas.
Mosquera destaca que cada vez aumenta o número de ourensáns que vive máis anos (33,2 anos) con peor estado de saúde e sen capacidade funcional suficiente para ser autónomos, o que nos levou a estar a cabeza do ranking do Estado Español.
Finalmente, o candidato de CxG fai un chamamento político para o cambio de modelo levado a cabo pola xestion de PP e PSOE, pasando a de políticas asistenciais cara políticas preventivas, de baixa calidade dos últimos anos de vida e dependencia cara altos grados de benestar e autonomía.