No pleno de febreiro do Concello de Ourense os populares defenderán unha moción para que, no caso de ser responsable, o grupo de goberon asuma os intereses de demora.

 

O grupo municipal popular presenta no pleno do 6 de febreiro unha moción sobre a indemnización a Proavia. Nela pídese dous acordos. O primeiro, «que o Concello de Ourense cumpra de inmediato co fallo xudicial dictado o 25 de setembro de 2013 polo Xulgado Contencioso Administrativo nº2 de Ourense, que obriga a ‘indemnizar a PROAVIA S.L nos importes de 2.528.812,64 € en concepto de dano emerxente, máis os intereses correspondentes’”.

O segundo punto de acordo é que no caso de que a responsabilidade, de non ter afrontado o pago a día de hoxe, sexa por unha deixadez de funcións do equipo de goberno, «que sexan os seus membros os responsables de sufragar os interes de demora e non os veciños de Ourense».

O PP solicita este acordo porque tras ver o Orzamento de 2014 non teñen constancia de que a día de hoxe esa obriga legal fose satisfeita, «cos conseguintes prexuizos que isto supón para as arcas municipais, polos elevados intereses de demora».