Os Ourensáns empataron co líder, Circulo Ferrolano, nun emocionante encontro que rematou con empate a tres.
O sábado 31 de xaneiro tivo lugar a 4ª xornada da liga galega de clubs en todas as súas categorías. Na División de Honra destacaba sobre os demais, o importante encontro que enfrentaba ao Xadrez Ourense A ante o Círculo Ferrolano, vixente líder, tras máis de catro horas e media de intensa competición e alternativas na valoración das partidas, ambos conxuntos remataron por repartir os 6 puntos nun encontro que pudo caer para calquera dos bandos, considerando a intensidade coa que se desenvolveron as partidas por ambas escuadras. En calquera caso o resultado final pódese catalogar de xusto, finalmente reparto de puntos e ambas escuadras loitarán polo título, posiblemente, ata o final de Liga. Polo Xadrez Ourense venceron o maior da saga dos Salgado, Óscar Salgado, nunha bonita defensa Siciliana e tamén venceu o xoven Adrián Gómez nun final de pezas pesadas moi ben executado, ademais lograron sendos empates José Saavedra ante a rocosa defensa do seu rival, e Iago Prol que tras caer en posición delicada soubo complicar para lograr o medio punto. Os Ourensáns viaxarán a terras de Padrón na vindeira xornada do sábado 7 de febreiro, para visitar ao sempre difícil conxunto do “Padrón-Rianxo”.
Na división de prata do xadrez autonómico destacou a ampla victoria do Xadrez Ourense C, que xa se situa en postos de privilexio, ante o Peña Recreativa nun disputado derbi local, por un amplo 3.5 a 0.5, mentres que o Liceo Recreo, outros dos candidatos ao ascenso, acadaba idéntico resultado a favor na súa visita a Cangas, ante o Chigorín (0.5 – 3.5). Pola súa parte o Xadrez Ourense B corría pero sorte e caía pola mínima no seu propio feudo ante o Alekhine de Vigo por 1.5 a 2.5, mentres que o Universitario de Ourense non lograba pasar do empate ante o Xadrez Marín (2-2). No outro Derbi provincial a Casa da Xuventude derrotaba ao Ateneo de Ourense por 3-1.
Na Segunda División, o Universitario de Ourense B lograba vencer a Lalín B por 3-1, mentres que o outro conxunto de terras do Deza, Lalín A derrotaba ao Xadrez Loureiro de O Couto por 1-3. Pola súa banda o Xadrez Ourense “D” caía, ainda que pola mínima, ante Nigrán por 1.5 a 2.5.