O Club Hockey Barrocás proclamouse campión da fase sectorial de hoquei sala e disputará a fase final esta fin de semana en Barcelona.
Os ourensáns están encadrados no grupo do Barcelona, SPV e Club de Campo. O primeiro dos encontros será este venres contra o FC Barcelona. O segundo tamén se disputarán o mesmo día e contra o SPV. Contra o Club de Campo pechará a fase de grupos.
En caso de quedar entre os dous primeiros loitará polas medallas; pola contra, se queda terceiro ou cuarta, buscará unha praza entre o quinto e o oitavo clasificado.
O outro grupo o conforman o Junior, Valdeluz e Complutense.