A Asociación Xuvenil Amencer organiza numerosas actividades para estas datas.
Así, o sábado 7 de febreiro, de 11.30 a 13 horas terá lugar un obradoiro de disfraces e complementos para rapaces de entre 12 e 14 anos. O mércores 11 (de 18 a 19 horas) será o turno dun taller de maquillaxe infantil; e o xoves 12 (de 18 a 19.30) dun obradoiro de comadres.
O venres 13 de febreiro, esta asociación organiza contacontos ás 18 horas e unha festa xuvenil de entroido de 22 a 00 horas.
Xa o sábado 14 será o momento dun gran xogo de entroido na praza Maior (de 11 a 13 horas) e torneo FIFA en Play Station a partir das 18 horas.
Ademais, luns e mércores de Entroido, co fin de que os pais poidan conciliar vida familiar e laboral, Amencer organiza as IV Mañás de Entroido (de 10 a 13.30 horas), con actividades para os pequenos. E o mércores 18, de 17.30 a 18.30, tamén celebrarán un obradoiro sobre o enterro da sardiña.
Así mesmo, do 9 ao 27 de febreiro esta asociación colabora na organización dunha exposición de máscaras.