A Unión Deportiva Ourense logrou a décimo oitava vitoria na Liga e logrou rebasar os 100 goles a favor. Máis de 600 persoas presenciaron o encontro.

Os Chaos era o rival que acudía ao Couto na xornada número 19. O visitante máis propicio para acadar os tres puntos en disputa, e manter a imbatibilidade, e lograr superar os 100 goles a favor (antes do econtro levaba 97).

A resistencia dos xogadores dos Chaos durou catro minutos, cando Roberto Dacosta facía o primeiro da tarde. Catro máis tarde sería Fran o realizador (2-0). E foi aos 12 cando Chechu faría o número 100 da UD en Liga (o terceiro do encontro). Ata o descanso catro goles máis obra de Adolfo, Ramón Dacosta (por partida dobre, o primeiro desde medio campo) e Chechu (7-0) ao filo do descanso para sentenciar o partido.
Xa na segunda metade, Ramón Dacosta rubricaba o terceiro da súa conta e o oitavo do equipo. Con 25 minutos por disputar a goleada non quedaba aí. Xaco facía o noveno; Santi, o décimo e undécimo; Roberto Dacosta, o 12º, Adolfo, o décimo terceiro e pecharía a conta Xaco co 14-0 definitivo.

{gallery}stories/deportes/20150208_udo_oschaos{/gallery}

Para o adestrador, Antonio Dacosta, é unha xornada máis é unha xornada menos cara o ascenso. O técnico mantén a ilusión de lograr o título ligueiro e ten as miras postas en gañar a Copa Deputación.

Con esta vitoria a UD mantense invito e líder da clasificación no grupo terceiro da Terceira Rexional con 54 puntos. 111 son os goles a favor, por tan só 7 en contra.

Para a vindeira fin de semana hai parón ligueiro polo que a competición para a UD regresa o 22 de febreiro en A Uceira, para enfrontarse ao Arcos, sétimo clasificado con 26 puntos.

Pepe Pego
O veterán futbolista de 72 anos, Pepe Pego (fundador, presidente, xogador dos Chaos) foi homenaxeado pola UD minutos antes do encontro. O público, posto en pé, ovacionou a Pego pola súa traxectoria e por ser un exemplo a seguir. O presidente da UD Ourense, Modesto García, e o adestrador, Antonio Dacosta, fixéronlle entrega dunha praca e dunha camiseta.