Xunta Local de Seguridade de Viana do Bolo

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos, presidiron a primeira Xunta Local de Seguridade desta localidade, despois da súa constitución hai un ano.

 

Na xuntanza participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade fundacional, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade, da Unidade de Violencia de Xénero e da Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade que amosan uns índices delictivos dos máis baixos da provincia. A tendencia á baixa é una constante dende o ano 2013 cando se contabilizaron que a totalidade de delitos e faltas se recortaran un 33,3 %; sendo máis acusado este descenso nos delitos, cunha baixada dun 60%.

Así mesmo, a porcentaxe de esclarecemento da totalidade das infraccións penais supera o 75%.

O terceiro punto que se debateu na Xunta Local foi o das previsións de seguridade para as “Festas do Entroido” para o que se estableceu un dispositivo de seguridade cidadán no que participan as diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e a Policía Local.

O subdelegado do Goberno reafirmouse na teima de que “anque os resultados amosados hoxe son positivos, debemos seguir traballando coordinadamente todas as Forzas e Corpos de Seguridade para manter estes extraordinarios índices de delincuencia e si é posible, melloralos”.

Roberto Castro tamén se interesou pola organización dos eventos festivos relacionados coa celebración do Entroido e animou aos veciños a “participar con ledicia e prudencia nestas datas tan importantes para a comarca de Viana””.