Ademais dun especial sobre as diferentes celebracións desta festa en Ourense, destacamos en portada a entrevista coa presidenta da Asociación Cultural Aires Nosos de Verín, María Rosa Borjas.
Neste número de febreiro de Barrios repasamos a polémica ao redor do proxecto de Castromao en Celanova, recollendo as posturas tanto do grupo de goberno como da oposición.
{source}
<div data-configid=»2135823/11379901″ style=»width:550px; height:464px;»
class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript»
src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}
Outros dos temas dos que informamos son das obras de mellora do saneamento de Verín, do acordo do Concello de Verín para ampliar o polígono de Pazos, das 20 actuacións que están previstas no LIFE Regenera Limia para mellorar a calidade das augas do río Limia, ou das melloras na subministración eléctrica do polígono de Chorente en Allariz.
A próxima carreira 10 Km de Xinzo e a Heroican Race de Allariz son dous dos referentes informativos na sección de deportes, mentres que en cultura informamos sobre a selección de artistas da Semana Santa ao Vivo alaricana.
Todo isto e moito máis, dispoñible para consultar en pdf aquí, ou on line aquí.