O Auditorio acolle este sábado aos humoristas de El Hormiguero e o domingo a obra de teatro infantil «Durme, Roque Durme».

O Auditorio Municipal trae para esta fin de semana unha interesante carteleira que combina humor e teatro infantil. O sábado ás 21 h chega unha das actuacións máis esperadas da temporada da man dos chicos de El Hormiguero, Marrón, Juan e Damián (Trancas e Barrancas), e o seu espectáculo «Tres calaveras huecas». Un show que non veredes na televisión, con novos monólogos, proxeccións e sketchs ao vivo. Un formato novo que aposta pola espontaneidade e o achegamento ao público.

Xa o domingo ás 12 h e as 17.30 h comezará o espectáculo de teatro infantil «Durme, Roque Durme». Contos e monicreques pensados para os máis pequenos e a súa familia. Un espectáculo, tenro acolledor, emotivo e participativo.
As entradas para as actuacións do Auditorio pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.

A maiores, esta semana a Banda Municipal traslada ao domingo ás 12 h na Praza Maior o concerto semanal con motivo do Entroido.