A partir das 5 da tarde haberá un Gran Desfile de comparsas polas rúas da localidade, que repetirá o percorrido do celebrado o domingo.

Este Martes de Entroido batará a andar en Verín con bombas de palenque e pasarrúas matinais coa música de charangas. Ás 16.30 horas terá lugar a concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para media hora despois dar comezo o Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o domingo (polas rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García Barbón).

Todo iso amenizado polas charangas Támega, Vakapinta, CBD e Ideal, que actuarán durante o día, o Folión do Tameirón e a Banda de Gaitas do Concello de Verín. A festa continuará, a modo de despedida, e ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Barbón coa actuación da orquestra Palladium e o grupo Aché.

O mércores 18 de febreiro, Mércores de Cinza, as dependencias municipais permanecerán pechadas ao ser festivo local.