Galería de imaxes dalgúns dos protagonistas do desfile que o Martes de Entroido acolleu a avenida de Celanova da Valenzá.
{gallery}stories/ocioecultura/20150217_desfilevalenza{/gallery}
O Concello de Barbadás repartiu 4.000 euros en premios ás mellores comparsas. Na categoría de comparsas enxebres, o xurado outorgou o primeiro premio á carroza «As Lamas van polo aire». «Galiza no corazón» quedou segunda, «Os entangarañados» terceira, «Las chicas del show» cuartas, «O mundo das pop corn» quintas e «O chupinazo» foi elixida a sexta mellor comparsa.
Na categoría de comparsas artísiticas, o primeiro premio foi para «Os coellos piratas», o segundo para «O mundo de Mario Bros», o terceiro para «Flower cabaret», o cuarto para «Os gardiáns do dragón», o quinto para «Lego Family» e o sexto premio para a comparsa «Tribu Abekani».
Este Mércores de Cinza, desde as 20 hroas, chega o momento da queima do meco, na praza Vella,que porá fin ao entroido desta vila ourensá.