O seu coordinador provincial, Pérez Bouza, afirma que “frente aos métodos oscurantistas e pouco participativos dos vellos partidos do sistema á hora de elexir os seus candiatos, están as novas maneiras de enteder e practicar a política de Compromiso”.
Compromiso por Galicia convoca primarias para elexir ao seu candidato á alcaldía de Vilar de Santos. A elección celebraráse o venres día 27 e na mesma poderan participar todos os que o desexen, co único requisito de ser maiores de 16 anos e non estar en contra dos principios e valores que defende Compromiso.
A organización galeguista non só facilita ao máximo a partipación no seu proceso de elección de candidato para a Alcaldía de Vilar de Santos, senón que mesmo calqueira veciño que simpatice con Compromiso pode optar a encabezar esa candidatura, sen necesidade de avais previos e coas únicas condicións neste caso, de ter máis de 18 anos, e comunicarllo formalmente ao partido no enderezo eléctrónico info@compromiso.gal antes do martes 24, data na que finaliza o prazo para a presentación de candidaturas.
Por último desde Compromiso fan un chamamento aos veciños deste concello para que participen activamente neste proceso, que cualifican de “novedoso, participativo, transparente e profundamente democrático”