A Unión Deportiva Ourense venceu en Espiñedo ao Arcos por 1-9.

O equipo de Antonio Dacosta é superior ao resto de equipos de toda a Terceira Rexional do grupo 13º de Ourense, e o demostra cada xornada. E se o campo é un dos mellores da provincia, a diferenza crece aínda máis. E iso aconteceu o pasado sábado en Espiñedo. A Unión Deportiva Ourense desprazábase ata a capital do Arenteiro para enfrontarse ao Arcos. O campo que albergaba o encontro era o que utiliza como local o Arenteiro; un campo en boas condicións para a práctica do fútbol.

En seis minutos a UD xa mandaba no partido. Julio Salgado facía o primeiro da tarde e oito máis tarde, Lucas Nieto xa poñía terra de por medio co segundo.
Antes do descanso chegaría a obra de arte do encontro. Xaco culminaría unha xogada na que Julio cedíalle o esférico de tacón, e este remataba ao fondo das redes unha vez driblado ao gardamallas local; 0-3 e os xogadores enfilaban o camiño dos vestiarios.

 

{gallery}stories/deportes/20150221_arcos_udo{/gallery}

Na segundo metade chegaría un festival goleador. Julio Salgado antes de saír do campo substituido firmaría o segunda da súa conta e o cuarto do equipo. Santi que levaba un minutos no terreo de xogo lograba o quinto. Lucas Nieto repetiría co sexto da UD. Nos dous seguintens goles uniríanse á festa Roberto Almeida (0-7) e Chechu (0-8). Santi redondearía a goleada unionista co noveno gol e o segundo da súa conta. Wesley faría o da honra para os locais.

Unha nova goleada que os leva a estar máis preto do ascenso. Con 57 puntos en 19 xorndas os homes de Antonio Dacosta xa contan as xornadas que restan para celebrar o ascenso á Segunda Rexional. O próximo escollo será o Salamonde a vindeira fin de semana no Couto.