O voceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, anunciaba este luns o voto en contra do Goberno local á moción que Democracia Ourensana presenta ao pleno de marzo para eliminar “as supostas prebendas” do acordo regulador dos traballadores municipais.
Os socialistas din non á proposta de DO “por coherencia” pois foran eles quen aprobaran o acordo regulador vixente, e “por estar en desacordo coa filosofía, porque no Concello de Ourense non existen nin prebendas nin privilexios”.
Recordou Vázquez Barquero que o acordo regulador é unha figura legal e que «a estratexia de DO de descalificación permanente dos traballadores e de ameaza para levar adiante un ERE é inxusta e inxustificable”.
A xuízo do voceiro socialista, a moción do partido de Gonzalo P. Jácome é “extemporánea” e só ten un obxectivo: “someter aos traballadores a unha exposición pública que non ven a conta de nada máis que o posible rédito electoral de DO”.
O último orzamento do Concello de Ourense destinaba á partida para o acordo regulador un total de 411.000 euros, e outros 80.000 euros para o seguros de accidente e morte que suscribe aos seus traballadores.