O grupo municipal do BNG vén de rexistrar unha serie de preguntas dirixidas ao alcalde de Ourense para que explique a situación en que se atopa a tramitación da licenza de ocupación do edificio xudicial.

 

O BNG solicitou por rexistro que se aclare a situación da licenza de ocupación deste edificio ante a súa inminente apertura.

A concelleira Ximena González explicou que «non podemos permitirnos representantes públicos que priorizan ir tomar un viño e inaugurar un edificio ao benestar do pobo» en relación á situación vivida este luns na que, nas súas palabras «unhas estábamos con María ás 10 da mañá para que non a botaran da casa, e logo na porta do novo edificio reclamando á Xunta unha política de vivenda social real mentres outras dentro destapaban unha placa e tomaban uns viños».

«O Concello ten que ser un axente político de primeira orde para reclamar vivenda social para Ourense e pola contra o goberno toma viño con Feijóo mentres desafiuzan a unha veciña’ concluía a representante do BNG.