Os servizos xa impulsan máis de 1.600 empregos na comarca, 720 deles no comercio e preto de 400 na hostalaría, según detalla o Observatorio Económico da Deputación Provincial de Ourense presentado en Maceda polo Inorde.
Nos dous últimos anos, o emprego comarcal creceu un 20% no comercio, un 19% na hostalaría e no transporte, un 27% na rama da información e das comunicacións, un 37% nas actividades profesionais e técnicas, e un 9% nas actividades administrativas.
O Observatorio Económico Ourensán destaca que Allariz-Maceda é a segunda comarca da provincia con máis afiliacións no subsector manufactureiro de tecnoloxía alta.
O emprego tecnolóxico, que nesta comarca está formado por 180 postos de traballo, creceu un 22% no conxunto da comarca no acumulado dos dous últimos anos.
A diferenza do que acontece na maior parte das comarcas ourensás, en Allariz-Maceda o sector industrial ainda no superou a crise. No último ano e medio perdeu un 13% do mercado de traballo, formado agora por 410 empregos.
Dentro do sector alimentario, a comarca acada niveis de especialización en catro ramas: concentra o 12,5% das empresas ourensás de ovos e derivados, o 11% das que producen materiais destinados a entrar en contacto cos alimentos, o 10,5% das dos azucres, derivados ou mel; o 9% das produtoras de leite e derivados e o 8% das elaboradoras de alimentos estimulantes e infusións.
Con todo, os subsectores nos que contabiliza o maior número de empresas alimentarias en términos absolutos son o dos cereais, fariñas e derivados, con 19 industrias; e o de almacenistas, distribuidores, transportistas e envasadores, con 14. En ambos, o peso relativo sobre o conxunto da provincia móvese en torno ao 5%.
No conxunto dos sectores, o mercado laboral de Allariz-Maceda está a medrar por enriba do 1,5% en taxa interanual.
Afiliacións á Seguridade Social
No período da crise comprendido entre 2007 e 2014, foi a segunda comarca ourensá con menor diminución das afiliacións á Seguridade Social (-11,4%), só por detrás da de Ourense (-10,5%).
No ano 2014 conseguiu xenerar un 1,6% de novos empregos, proporción que só superou -e por moi estreito marxe- a comarca de Ourense (1,7% de subida).
Por concellos, o ano pasado Allariz impulsou o emprego neto nun 3,8%, Baños de Molgas nun 2,6% e Xunqueira de Espadañedo nun 0,4%. Pola súa parte, o mercado laboral diminuiu lixeiramente en Maceda (-0,7%).
Entre os municipios de Allariz e de Maceda impulsan dous de cada tres empregos comarcais (en concreto o 65% do total comarcal). Allariz consolida a cifra dos 2.000 traballadores afiliados á Seguridade Social e Maceda perde por escaso marxe a barreira das 900 afiliacións.
Nun ano o paro pasou dun crecemento interanual do 7,6% a un descenso de preto do 9%, con Xunqueira de Espadañedo (-18%) e Baños de Molgas (-15%) como concellos con maiores baixadas no número de parados. Nos concellos de Allariz e de Maceda as reducións estiveron por encima do 7%.