Permanecerá ata o mes de abril, e conta coa colaboración da fundación ONCE.
O Museo Municipal foi este xoves de novo protagonista ao presentarse a exposición «Sentindo Madeira», do artista Toño Monteiro. A mostra está composta por máis de cincuenta pezas de madeira, de troncos visiblemente mortos de onde arrinca a súa natureza artística procurando confrontar as formas toscas en formas sensuais e suaves, revolucionando ao noso sentir e busca como atopar a percepción e sensibilidade nos espectadores.
Na presentación estivo o artista, Toño Monteiro, acompañado da concelleira de Cultura, Ana Garrido, xunto coa directora do Museo, Eva Torres e tamén o director da Fundación Once de Ourense, Luis Dominguez García, que colabora coa exposición.
O Museo Municipal albergará «Sentindo a Madeira» ata o mes de abril.