A programación de actos organizados pola Concellería de Igualdade da comezo este venres día 6, e prolónganse ata o 16 de marzo.

 

Un ano máis, o Concello de Ourense únese á conmemoración do Día Internacional das Mulleres, que se celebra o sábado día 8 de marzo. A concelleira de Igualdade, Marga Martín, e a técnico da Concellería de Igualdade, María Elena de Jesús, presentaron a programación completa de actividades que se celebrarán con motivo deste día, do 6 ao 26 de marzo.

Marga Martín animou á cidadanía a gozar de todos os actos programados pola Concellería, que complementarán os xa habituais acto institucional do Día Internacional das Mulleres (o sábado 7 ás 12 horas no Salón de Plenos); e o acto de entrega do IX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (o luns 9 ás 20:30 no Liceo). Haberá música, pintura, danza, recital poético, tupper sex, mostra de artesanía, cine ou teatro, entre outras propostas dirixidas tanto a mulleres como a homes, nun programa definido pola propia concelleira “para reivindicar e festexar”, dixo a concelleira.

Programa completo

Do 6 ao 8 de marzo celebrarase o II Festival Feminino de Ourense.

Así mesmo, o venres 6 terá lugar un obradoiro de pintura no Centro Cívico Colón (de 18.30 a 20.30 horas); un roteiro feminino (de 21 a 24 horas) entre a praza do Ferro e a de San Marcial.

O sábado 7, ademais do tradicional acto institucional no Concello, celebrarase un obradoiro de danza tribal americana (de 11 a 14 horas) no Espazo Conciencia; unha sesión de tupper sex no Cafém Grándola (a partir das 14.30 horas); un recital poético no Ollo Ledo (ás 18 horas); e o concerto de Thetetas Van na praza San Martiño (ás 22 horas).

O domingo 8 de marzo a praza Maior acollerá druante toda a mañá a mostra de Mulleres Galegas Artesás; e ás 13 horas unha flash mob con Mercedes Peón. A praza de San Martiño (dende as 19 horas) será o escenario da obra de teatro “Fétide Nettoyage.

O luns 9 terá lugar o obradoiro “Desmontando o amor romántico” (de 10 a 13:30 horas) na Facultade de Educación.

E o martes 10 a proxección do filme “En el camino” na Biblioteca Pública (ás 20.30 horas).

Xa o xoves 12 será o turno da conferencia “A muller na historia da ciencia e a tecnoloxía: teoría e realidade” (ás 20 horas) no Centro Municipal José Ángel Valente; e o mércores 18 da obra de teatro “O Furancho” (ás 20.30 horas) no Auditorio.

O xoves 19 o Café Grándola acollerá (ás 20.30 horas) o monólogo “El orgasmo es cosa de mujeres”, de Laura Mandarina. Ás 20:30 h no Café Grándola; e o xoves 26 péchase esta programación coa conferencia “Emilia Pardo Bazán, unha nena seducida polos libros, unha muller seducida pola escrita” (ás 20 horas) no Centro Municipal José Ángel Valente.