Tras remitirlle o Concello do Carballiño un escrito coas alegacións aceptadas do sindicato.

 

CIG e alcalde do Carballiñ mantiveran un encontro o pasado luns, no que o sindicato trasladara as súas alegacións aos pregos de cláusulas para a concesión do Servizo de Axuda a Domicilio. «Quedamos que se nos faría chegar un novo documento coas alegacións aceptadas, e visto a vontade do mesmo por chegar a un punto de encontro, acordamos que de facernos chegar dito documento o día 4 de marzo, dende a CIG proporíamos suspender a folga convocada no servizo de axuda a domicilio os días 5 e 6 de marzo», indican desde o sindicato nun comunicado.

Á espera de estudar polo miúdo o documento e facer pública a súa postura, desde a CIG confían en chegar a un acordo «que sexa satisfactorio para ambas as dúas partes» e poder desconvocar «definitivamente» dita folga «no momento que sexa aprobado polo pleno do Concello as Cláusulas definitivas».