«Función que nen lle corresponde nen o Concello debe permitir que se realice», sinalan os nacionalistas.
A edil Ximena González explica que ‘queremos concellos rebeldes fronte aos ataques que estamos sufrindo por parte da presión económica sobre as familias e tamén traballadoros que se impliquen, como xa teñen feito corpos de bombeiros ou policiais doutras cidades do país’.
Ademáis o BNG vén de rexistrar un novo escrito dirixido ao alcalde pedindo novas explicacións sobre a participación da Policía Local no despexo de onte posto que é o responsábel máximo deste servizo.
A concelleira Ximena González, en nome do grupo municipal do BNG, solicitou información sobre a participación da Policía Local neste tipo de procedementos, os protocolos que se siguen, quen e como toma as decisións e cales son as consecuencias de, cos poucos efectivos que hai, se destinen a realizar labores que non lles son propias.