A Unión Deportiva Ourense xa é equipo de Segunda Rexional tras vencer ao Piñor por 0-8 en Maside.

A dúbida era saber cando conseguiría a Unión Deportiva Ourense o ascenso á Segunda Rexional. A incógnita xa está resolta: foi o 7 de marzo de 2015, na xornada número 22 o día que a UD lograba o seu primeiro ascenso da historia.

O encontro non tivo historia e cando o árbitro pitou o inicio só faltaba esperar o que duraría a resistencia do equipo local. 16 foron os minutos os que se mantivo o empate inicial ata que Julio Salgado lograba o primeiro da tarde (o ascenso estaba preto). Antes dos descanso chegaría tres máis. Fran Álvarez, Roberto Dacosta e Xaco porían o 0-4 co que se remataría a primeira metade.

O inicio da segunda deixaría o quinto da UD, obra de Roberto Dacosta. Santi (quen se non) facía o 0-6; Xaco, o 0-7 e de novo Santi remataría a faena co 0-8 definitivo.

O árbitro, aos 45 minutos da segunda metade, non deixaría tempo para máis e decretaría o final do encontro, o que faría que estalara a ledicia nas bancadas.

Xogadores, corpo técnico e afeccionados invadiron o campo de Outeiro Grande para festexar todos xuntos este ascenso histórico. O primeiro da Unión Deportiva Ourense, o primeiro do «legado» de Club Deportivo Ourense.

{gallery}stories/deportes/20150307_pinor_udo{/gallery}