COB-Axarquia

O base Pedro Rivero dirixiu maxistralmente a un Club Ourense Baloncesto que vivirá partidos como contra o Clínicas Rincón Axarquía na promoción de ascenso.

 

Todo o mundo o dicía, contra Axarquía era un partido trampa, e así foi. Partido moi complicado para os homes de Gonzalo García de Vitoria que atopáronse diante dun Axarquía que non ía a baixar os brazos durante todo o encontro.

Nos dous primeiros cuartos, os xogadores cobistas non daban coa tecla que os distanciara no marcador, e tiñan en Alfonso Sánchez e, sobre todo, Richi Guillén, aos xogadores que mantiñan no partido aos malacitanos.

Tralo descanso, García de Vitoria axustou a táctica para poder romper o partido pero nin o rival, nin os árbitros deixarían que iso ocorrera. Os árbitros pitaron dúas antideportivas a Suka e Díaz (a segunda moi discutible), o que fixo que a bancada do Pazo despertara para animar aos seus; o técnico local xa o estaba reclamando desde o comezo de encontro.

No último cuarto era unha loita entre Rivero e Guillén, secundados por Rejón e Arco, o primeiro, e Sánchez e Sabonis o segundo. O base foi o máis listo e el fixo que a vitoria non voara de Ourense. Partido trampa como dicían todos, que é unha gran proba de cara aos playoffs.

García de Vitoria
En rolda de prensa posterior ao encontro, Gonzalo García de Vitoria mostrabase orgulloso do traballo dos seus xogadores. Nun partido non moi bo souperon sacalo adiante. El mismo, explicou, que cometeu erros ao principio do partido e que intentou rectificar tralo descanso. O adestrador confesou que se centrou demasiado en parar ao Clínicas Rincón e esqueceuse de facer o seu xogo.

O técnico tamén quixo recordar que partidos coma este son os que esperan no playoff, polo que pide a axuda do público. Publicamente pediu axuda aos seareiros, e non so cando os árbitros tomen decisións dudosas encontra do COB. Recordou que un playoff non se vive en Ourense desde fai 14 anos, polo que hai que gozar desta ocasión. Gonzalo rematou dicindo que «non é unha queixa contra a bancada e unha suplica para que nos axuden».