A Unión Deportiva Ourense suma a 22ª vitoria na Terceira Rexional ao vencer 3-1 ao Barra de Miño.
Chegaba ao Couto o Barra de Miño na xornada número 23. Os locais xa tiñan no peto o ascenso, mentres que os visitantes buscaban puntos na loita por subir de categoría.
O encontro estivo moi disputado desde o primeiro momento, aínda que as ocasións máis claras saíron das botas dos xogadores unionistas.
Xaco logrou o primeiro tanto da tarde e Adolfo o segundo, con dedicatoria; o dianteiro quixo adicarlle o seu gol ao falecido Sumi Cortés.
Trala volta de vestiarios, o Barra de Miño dáballe emoción ao partido cun golazo de Marcos. Pero a emoción durou uns minutos, os que tardou Julio Salgado en anotar o terceiro da UD.
De aí ao final nada de xogo nin por uns nin por outros.
Con este resultado a UD Ourense é primeiro con 66 puntos. O Barra de Miño conserva a terceira posición (posto de ascenso) con 43 puntos, os mesmos que o Cenlle, cuarto clasificado.
Antonio Dacosta
Ao finalizar o encontro, o adestrador da UD Ourense, Antonio Dacosta, comentaba que sobrou a última media hora de xogo. Tamén asegurou que xa sabía que ía a ser un partido complicado, «na primeira volta déronnos moitos problemas e sabía que hoxe ía pasar o mesmo. Non sempre imos gañar por goleada».
Dacosta xa está pensando no partido do venres da Copa Deputación contra o Caldelao (16.45 horas no Couto). «Esta competición é moi bonita para nós. Gustaríanos xogar a final por que o faríamos no Couto, e gañala sería espectacular».