Pola fallida compra do edificio do antigo colexio Goretti, no casco vello.
O líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, acudiu este luns aos xulgados de Ourense –por segunda vez en menos de oito días- para denunciar ao alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e ao ex rexedor, Francisco Rodríguez, por presunto delito de delitos de prevaricación, suborno e falsidade na compra do edificio Goretti , que logo foi anulada. O Concello desembolsara 420.000 euros pola adquisición do inmoble, situado no casco histórico, que non foron reintgrados ás arcas municipais.
Resposta municipal
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, contestou a esta denuncia afirmando que a compra do antigo Colexio Goretti só tivo un simple problema de herzandas, como tantos inmobles da zona vella, sen que por iso caiba supor indicio de delito algún. Fernández acusou a Jácome de buscar simplemente a propaganda xudicial “nun claro desexo de instrumentar á Xustiza”.
O alcalde lembrou que xa o goberno de Manuel Cabezas intentara adquirir o inmoble, cando xa era “un dificio degradado, en ruinas e un foco de infección na zona vella”, e que finalmente o goberno do PSOE e BNG logrou adquirilo en 2010, “correctamente, en escritura publica, con todolos informes favorables, e tamén co visto bon da Intervención municipal”.
“Só un problema de herdanzas, moi habitual nos inmobles da zona vella pola fragmentación da propiedade, foi a causa da anulación da dita compra, o que en todo caso”, engadiu o alcalde, “é unha cuestión civil e administrativa, unha compra que se fixo legalmente e de boa fe”.