O Sincro Ourense infantil e alevín participou no Campionato de España de inverno de natación sincronizada. Regresaron de Elche cun bo sabor pola súa participación.
O club ourensán levou a nove nadadoras alevíns e 16 infantís, que participaron nas dúas probas que se disputaron: figuras e combos. Nesta última proba realizaron as coreografías coas que se proclamaron campioas galegas unha semana antes as infantís co combo Robots, e subcampioas as alevíns co combo titulado «Lost in the 80´s».
O grupo alevín rematou a súa participación no posto 16 en combos e o mesmo posto na clasificación por clubs (sumando os puntos en figuras e combo).
Pola súa banda, o grupo infantil rematou a competición en combo e na conxunta no posto 14.