Este venres a partir das 16.45 horas no estadio do Couto a Unión Deportiva Ourense recibe ao Caldelao nos cuartos de final da Copa Deputación B.

A UD Ourense ten o obxectivo de chegar á final da Copa que se disputaría no Couto, pondo así un broche de ouro a esta primeira tempada.

O próximo escollo será o Caldelao, equipo de Segunda Rexional, grupo 9. Os de Castro Caldelas marcha na Liga en 17ª posición con 19 puntos, en postos de descenso.

Desde o club puxeron esa hora para non coincidir co encontro do COB contra o Breogán (venres, 19 horas); e así, os afeccionados que queiran poidan acudir ao Pazo.

Entradas
Para esta ocasión e en conmemoración do día do Pai, a directiva acordou poñer as entradas a cinco euros e que coa mesma poida entrar a familia (parella e fillos ou só parella).

Cervexa UD Ourense
Tralo partido presentarase na Cervexería Moucho a cervexa da Unión Deportiva Ourense da marca ourensá Áncora. É unha cervexa tostada elaborada con produtos naturais. Na etiqueta da mesma está presente o escudo da UD xunto co lema «O sabor dun sentimento».

Esta primeira tirada ten unha produción de cinco barrís e máis de 500 botellas e poderase adquirir en distintos establecemento ademais de na tenda online do club. Ao rematar o acto de presentación realizaranse sorteos de produtos Áncora e da UD Ourense.