Vivendas de promoción en Carballeda de Valdeorras

Todas foron adxudicadas en réxime de alugueiro, con rendas entre 130 e 178 euros mensuais.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo entregou aos seus adxudicatarios as chaves de dez vivendas de promoción pública no concello de Carballeda de Avia. Unha vivenda máis está xa adxudicada pendente de entrega de chaves.

A promoción componse de tres bloques de vivendas illados entre si, organizados linealmente ao longo da rúa Castelao, cunha orientación noreste-suroeste, co acceso principal pola fachada suroeste.

A distribución das vivendas é a seguinte: dez vivendas contan con tres dormitorios; e unha vivenda, adaptada para persoas con mobilidade reducida, ten catro dormitorios. As superficies útiles varían entre os 85,99 e os 105,60 metros cadrados. Todas contan con garaxe.

Todas as vivendas foron adxudicadas en réxime de alugueiro, con rendas mensuais que oscilan entre 130,84 e 178,99euros mensuais, incluíndo rocho e garaxe.

O IGVS investiu nesta promoción preto de 1,1 millóns de euros.Todas as vivendas contan con equipos de enerxía solar que complementan á caldeira de gas para a produción de auga quente sanitaria e calefacción.