A área de Medio Ambiente de Allariz presentou a campaña informativa e de concienciación sobre a recollida de excrementos caninos.
Con ela preténdese eliminiar un dos problemas que os traballadores desta área veñen constatando dende hai tempo cando realizan o mantementos de rúas e parques.
O alcalde, Francisco García, recordaba a limpeza das rúas e a boa imaxe do pobo como un dos aspectos máis valorados por veciños e visitantes. Esta é a razón pola que se decidiu poñer en marcha esta campaña coa que, a través de imaxes “simpáticas e reflexivas” reforzar a concienciación dos propietarios dos can que deben recoller os excrementos dos seus animais.
Ademais, Bernardo Varela, sinalaba a existencia dunha ordenanza muncipal que marca unha serie de sancións, que van dende 60 a 600 euros, para aquelas persoas “non cívicas que non contribúan e reiteren as malas formas deixando as cagadas dos seus animais na vía pública”