O Club Ourense Baloncesto – Breogán de Lugo deste venres (19 horas, pazo dos deportes Paco Paz) será un dos partidos máis atractivos desta xornada da Adecco Ouro.
O debri galego por antonomasia do baloncesto galego non pode chegar nun mellor momento. O COB chega como terceiro clasificado con 16 vitorias, mentres que o Breogán é segundo con 17.
Desde o inicio da Liga o Breogán non ocultou as cartas de querer loitar polo ascenso; ao COB chegoulle esta situación con certa sorpresa, xa que non contaban estar tan ben a estas alturas de tempada.
O partido chega cunha dinámica positiva dos dous equipos: os lucenses encadean cinco vitorias consecutivas e os ourensáns, tres.
Quen perda dirá adeus á loita pola primeira praza xunto co Burgos, que é o equipo máis en forma (e o mellor) da competición. Aínda así, os dous equipos teñen moitas opcións de rematar a liga regular entre os cinco primeiros e ter o factor cancha, nos playoffs, a favor.
García de Vitoria
Para o técnico cobista a vitoria neste partido é maís importante a nivel social que a nivel clasificatorio. Para o adestrador este será un bo test para xogadores, corpo técnico e afección de cara ao playoff.