Os nacionalistas colocaron diante do terreo un cartel no que se declaraba «propiedade das veciñas e veciños de Ourense», logo de que a xustiza avale a súa expropiación.
Recalcan desde o BNG que agora a xustiza coincide co planteado polos nacionalistas no seu día «e avala a decisión de expropiar os terreos nunha sentenza contundente na que declara a natureza singular e excepcional dende a perspectiva urbanística, patrimonial -pola declaración de BIC- e ambiental e ademais require unha urxente e prioritaria intervención da iniciativa públic»a.
A voceira e candidata nacionalista, Susana García, criticaba o posicionamento do PP e do PSOE con respecto a este lugar emblemático para a nosa cidade. Lembraba que o PP permitiu que Xardín das Burgas comprara os terros por 480.000 euros. Logo recalificaron o solar co que o valor chegou a taxarse en 16 millóns de euros, que foi o que pediu a empresa cando se declarou o BIC.
A actuación do goberno socialista tamén merece un suspenso a xuízo do Bloque xa que logo de aprobarse a moción nacionalista na que solicitaba a expropiación «o PSOE deixou caducar dúas veces o expediente, aprobou unha modificación orzamentaria de 1,6 millóns de euros para pagar as expropiación e a día de hoxe non dispón dos cartos por non ter aprobados uns orzamentos para o exercicio 2015″.c
Coa colocación simbólica dun cartel no soar de Xardín das burgas, esta formación reivindica «que a zona de As Burgas é propiedade de todas e todos os ourensáns, que o pobo saiba que o pesadelo do hotel de 19 alturas rematou e que para o BNG non hai máis opción para este espazo que obter un equipamento termal que permita aproveitar as augas quentes do lugar para disfrute e xerador de riqueza en beneficio de todas as veciñas e veciños de Ourense».